San Bartolomé, baixa para varios meses
Foto: Cesar Quian
O técnico do Celta Fortuna, Claudio Giráldez, confirmou en declaracións á Radio Galega que Víctor San Bartolomé verase obrigado a permanecer fóra do terreo de xogo durante varios meses debido a unha fractura nun dos ósos do seu nocello.
Esta nova chega nun momento crucial, cando o filial do Celta de Vigo atópase nas últimas etapas da súa preparación para o inicio la liga que comeza este fin de semana enfrontandose á Ponferradina en El Toralin. Esta saída no arranque ligueiro fronte á Ponferradina, semella ser un desafio bastante complicado para o equipo de Claudio Giraldez. Con todo, o filial celeste está afeito a enfrontar adversidades e superar obstáculos. Aínda que a ausencia de San Bartolomé será unha baixa bastante sensible e terá un impacto na estratexia de xogo, o adestrador porriñes, conta cun persoal talentoso e comprometida que está disposta a dalo todo no campo.
No que respecta a pretempada, o Celta Fortuna concluíu os seus preparativos cunha bagaxe de 3 empates, Ourense, Arenteiro e Sporting de Braga B, unha derrota contra o Lugo e 3 vitorias ante o Compostela, Coruxo e Fabril. Con esta última vitoria púxose fin a pretempada, co filial celeste alzándose co Trofeo do Albariño, pero tamén foi precisamente en Cambados ante o filial do Coruña, o Fabril, onde se mancou de gravedade Victor San Bartolomé.
Claudio Giráldez e o seu corpo técnico agora atópanse na encrucillada de axustar a estratexia e a aliñación tras a ausencia de San Bartolomé durante moitos meses. A parte de este revés, o adestrador de O Porriño espera recuperar a varios xogadores que cairon lesionados nesta pretempada. Fer Manu, Yoel e Javi chegaran xustiños para o inicio da tempada que comeza en menos de sete dias, e estos xogadores esfórzanse por poñerse en forma antes do enfrontamento coa Ponferradina.