Xurxo Strand Larsen

“Xurxo” Strand Larsen o xogador de mes, dá as grazas en galego

Foto: Celtamedia

 

 

 

 

Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrela Galicia ao mellor xogador do mes. O celtismo premiou ao dianteiro que confesa que Vigo é xa a súa casa. Por iso non dubidou en atreverse a agradecer o agarimo da afección en galego: «Moitas grazas e veña xente!».

 

 

 

 

O dianteiro noruegués Jorgen Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrella Galicia ao Xogador do Mes polo seu gran rendemento durante o inicio de tempada co Celta. O punta obtivo a maioría dos votos da sempre fiel afección celeste, superando a outros dignos candidatos como Ivan Villar, e o defensa sueco Carl Starfelt, que liderou a zaga con boas actuacións.

 

Con dous goles crave no mes, un que significaba nese intre o empate fronte áo Almería en Balaídos na xornada 3 e outro memorable tanto contra o todopoderoso FC Barcelona no minuto 18 que que abría o marcador, Larsen guiou ao Celta coas súas excelentes actuacións nos 259 minutos que disputou durante o mes de setembro.

 

O seu gran comezo de curso, valeulle para recibir o seu primeiro galardón individual dende que fichou polo clube olívico procedente do Football Club Groningen neerlandés o ano pasado. Tras unha primeira tempada de adaptación, na que anotou 4 goles en 30 partidos, Larsen parece estar explotando na súa segunda campaña en Vigo.

 

Tras recoller o seu merecido premio de mans de Fernando Blanco, director de Estrella Galicia, Larsen mostrouse emocionado e moi agradecido polo agarimo recibido da afección celeste. «Estou moi orgulloso de recibir este recoñecemento como o mellor xogador do Celta do mes. Sei que ao principio foi duro adaptarme pero traballei moito para estar a bo nivel e creo que este ano imos mellorar como equipo e conseguir grandes cousas», declarou o dianteiro noruegués. «Quero darvos as grazas polo voso apoio. Sei que non está indo como desexábamos pero prometo dar o mellor e axudar ao equipo a gañar partidos. Venceremos xuntos!», afirmou.

 

Con só unhas palabras pero moito sentimento, Larsen conquistou definitivamente a unha parroquia celeste que xa lle considera un fillo adoptivo da cidade. O dianteiro demostrou que fixo de Vigo a súa nova casa e está plenamente comprometido co Celta.

Post a Comment