Real Unión 1- 1 Celta Fortuna: Un quero e non podo
Foto: RcCelta
Aínda que o equipo de Giraldez demostrou ser superior, non foron quen de poder pechar a vitoria. No encontro de este domingo, a pesar de ter o control do xogo, o Real Unión igualou a contenda nos últimos minutos.
Na primeira parte, o Fortuna dominou o xogo, creando as mellores oportunidades e mantendo o control do balón no campo contrario. Javi Rodríguez foi unha ameaza constante pola banda dereita e estivo involucrado nunha acción que resultou nunha interrupción do partido de cinco minutos debido á lesión do porteiro local, Unai Agirre. A pesar de que Agirre tentou continuar, finalmente foi substituído por Charly Pérez.
Con Pérez na portería, o Fortuna continuou presionando e creando oportunidades. Javi Rodríguez tivo a ocasión máis clara ata ese momento tras unha gran combinación con Hugo Álvarez e Fer López. O equipo reclamou un penalti sobre Alfon que foi ignorado polo árbitro. A pesar das poucas chegadas do equipo local, Ruly tivo que intervir para deter un disparo afastado de Julio.
Xusto despois da media hora de xogo, o Fortuna tivo un breve baixón no seu rendemento, pero rapidamente se recuperou. Lograron marcar un gol a través de Pablo Durán, pero o árbitro anulouno por un suposto fóra de xogo de Javi Rodríguez, aínda que a repetición mostrou que estaba en posición legal. Antes do descanso, tiveron unha dobre oportunidade con disparos de Fer López e Pablo Durán.
Na segunda parte, aínda que o xogo foi menos fluído, foi cando chegaron os goles. O equipo local saíu con máis enerxía, tentando manter máis posesión do balón, aínda que tivo dificultades para crear oportunidades claras. Antón Escobar, do equipo local, mostrouse máis activo na segunda metade, pero a pesar diso, o seu equipo apenas tivo ocasións claras, excepto un disparo de Asier Córdoba que Ruly logrou deter.
Pouco despois, un remate acrobático de Alfon tras unha xogada de Hugo Álvarez puido poñer por diante a un Fortuna que, aos poucos, ía tendo máis balón e que se seguía mostrando moi sólido en defensa. A falta de pouco máis dun cuarto de hora, Javi Rodríguez atopou o premio á súa gran actuación co gol que poñía o 0-1.
Pero o fútbol é caprichoso. No engadido (minuto 95), ocorreu algo impensable. A pelota chegou á área do Fortuna, e Ruly García cometeu un gran ao atallar a bola. A pelota escapóuselle das mans e quedou inerte no céspede. E entón apareceu Alberto Solís, cumprindo a lei do ex. O actual dianteiro do Real Unión non perdoou. Aproveitou a oportunidade que lle brindou o erro de Ruly García e anotou así o gol do empate.
O Fortuna está atrapado nun bucle infinito. Os erros repítense unha e outra vez, e a táboa de clasificación non reflicte o seu verdadeiro potencial. Quizais pronto atopen a consistencia que necesitan para volver alcanzar a cima.
Ficha técnica
1 – Real Unión de Irún: Unai Agirre (Charly Pérez, min 16), Marcos Luna, Iván Pérez, Antón Escobar (Peru Ruiz, min 77), Asier Benito, Quique Rivero, Imanol Baz, Ander Vidorreta (Oyarzun, min 77), Alberto Solís, Asier Córdoba (Joseca, min 67), Julio Escorcia (Cerdá, min 77).
1 – Celta Fortuna: Ruly García, Pablo Meixús (Javi Domínguez, min 89) , Manu Fernández, Joel López, Javi Rodríguez (Javi Rueda, min 89), Damián Rodríguez, Fer López (Raúl Blanco, min 67), Hugo Álvarez, Alfon (Miguel Román, min 78), Pablo Durán, Dela (Bruno Iglesias, min 78).
Goles: 0-1, min 74: Javi Rodríguez; 1-1, min 96: Alberto Solís.
Árbitro: Torres Monterrubio. Amonestou a Iván Pérez, Luna, Oyarzun e Rivero, polo Real Unión, e a Joel López e Bruno Iglesias.
Aqui podes revivir os momentos clave vendo: