Ponfe Fortuna

Ponferradina – Fortuna. Os de Giraldez arrancan a liga enfrontandose a Ponferradina

 

O Celta Fortuna visita a un recen descendido no primeiro partido da Primeira RFEF. Poderase ver por a plataforma FEF TV ás 21:30

 

 

(Atlántico) Agosto non termina cando a Primeira Federación empeza. A plena calor, con algúns traballadores apurando os seus últimos días de vacacións e outros desexando comezalas. Co fútbol de elite xa en marcha, discutíndolle a catalogación de deporte do verán ao voley praia. Así comeza o máis difícil aínda para o Celta B, desde este curso Celta Fortuna, cun novo proxecto canteirán liderado outra vez por Claudio Giráldez. Será nunha praza ben complicada. O Toralín e a Ponferrandina, recentemente descendida da Segunda División, impoñen un primeiro e esixente exame ao equipo céltico a eso das 21:30, retransmiteo a plataforma FEF TV. Si, nun horario impropio desta categoría e nunha nova plataforma televisiva, unha estrea habitual de cada ano.

 

 

Pero se algo conseguiu Claudio o ano pasado é un equipo cunha idea clara, moi valente, capaz de xogar en base a ela en calquera praza. Esta noite non será distinto. O 1-3-4-3 do técnico porriñés volve a escena con pezas distintas pero o mesmo funcionamento colectivo. Ante a saída de Losada, Medrano, Barcia e Lautaro terán que dar un paso á fronte os Gael, Yoel ou Raúl Blanco. Tamén as caras novas. Especialmente ilusionante é a de Miguel Román. O mediocentro gondomareño cheira a referencia na zona ancha grazas á súa facilidade para xogar a pelota pero tamén ao seu descomunal percorrido. Xunto a el, Damián ou Fer López para o centro do campo. Outra cara nova, a de Javi Rueda, apunta alto esta tempada.

 

 

Diante, Manu Garrido exercerá como referencia a falta de ver como evoluciona Comparada, que este ano dá o salto desde o Xuvenil, e Mario Forte, asinado do Oviedo para o Gran Peña, pero que entra nesta primeira convocatoria do curso.

Post a Comment