Ponferradina – Fortuna: Cambio de horario para un encontro «Quente»
Foto: Wikipedia
A RFEF modificou o encontro da primeira xornada, que enfrentará ao Celta Fortuna e mais a Deportiva Ponferradina, debido ás altas temperaturas que se prevén. O duelo tíñase que disputar ás 19:30 horas do domingo 27, pero finalmente, levarase a cabo ese mesmo domingo pero ás 21:30 horas
O enfrontamento correspondente a primeira xornada ligueira da Primeira RFEF entre a Deportiva Ponferradina e o filial do Celta de Vigo no campo ponferradino de «El Toralín» experimentou un cambio de horario. O duelo, que orixinalmente se planeou ás 19:30 horas, agora levarase a cabo ás 21:30 horas do domingo 27 de agosto. Esta modificación foi instigada pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) en resposta ás altas temperaturas prognosticadas para ese día na capital berciana.
A RFEF, na súa procura constante por salvagardar o benestar dos participantes e espectadores, demostrou a súa sensibilidade ao considerar a todos os involucrados no espectáculo futbolístico. Co claro propósito de elevar a protección nos terreos de xogo e garantir a saúde de xogadores, árbitros e siareir@s por igual, a organización tomou a decisión de reaxustar os horarios de múltiples partidos da primeira xornada da Primeira RFEF.
Aínda que a noticia sorprendeu a moitos, as altas temperaturas que se aveciñan no horizonte, obrigan á RFEF tomar este tipo de decisións para contrarrestar as altas temperaturas e evitar calquer tipo de risco asociado ao esgotamento por calor e asegurar un ambiente adecuado para que os atletas poidan dar o mellor de si no campo.
O Toralín, como escenario desta emocionante contenda, prepárase para recibir aos equipos cun ambiente algo máis fresco e cómodo, grazas, en parte, á medida adoptada pola RFEF. Os fanáticos da Deportiva Ponferradina e do Celta Fortuna tamén poden esperar gozar do xogo en condicións máis seguras, permitíndolles animar aos seus equipos favoritos sen preocupacións innecesarias máis aló das deportivas.