O Fortuna xoga hoxe ante o Lugo en Viveiro
O Fortuna disputará está tarde en Viveiro o seu sexto encontró de preparación ante o Lugo. Os dous equipos mediranse as sete da tarde, e levan consigo a bitola de invictos na pretempada
Co inicio do fútbol nas ligas profesionais, A Mariña aínda non se despide dos partidos de preparación das ligas non profesionais. Dous dos conxuntos que esta tempada buscarán gañarse un lugar na Segunda División disputarán este martes 15 de agosto o Trofeo Cidade de Viveiro no estadio de Cantarrana, na penúltima gran cita do verán na comarca. O CD Lugo e o Celta Fortuna, enfrontaranse a partir das 19 horas. Poderanse adquirir entradas a 15 euros para todo o público.
Será a sexta aparición do conxunto celeste durante esta pretempada, cando queda tan só unha semana de comezar a liga de Primeira Federación na visita dos celestes ao ElToralin, templo da Ponferradina.
Tanto o Lugo e os homes de Claudio Giraldez teñen a bitola de invictos nesta pretempada. O Fortuna, de momento, cultivou tres empates e dúas vitorias. Ante o filial do Sporting de Braga disputado en Ribadumia o resultado foi de cero a cero. En Barreiro tamén empatou a ceros ante o Arenteiro e o resultado ante o Ourense neste estadio foi de un a un. As dúas vitorias foron ante o Compostela no Vero Boquete de San Lázaro por 0 – 1, cun gol desde o punto de penalti de Gael, e ante o Coruxo, no que o filial celeste se levou o derbi vigués por un contundente 0 – 3 con goles de Hugo Álvarez, Ruly e Manu Fernández. Esta tarde veremos que lle depara o partido ante o Lugo B en Viveiro