O Fortuna de Claudio Giráldez prepárase con sete encontros
Foto: Rccelta
O filial celeste iniciou a pretempada o pasado luns con Claudio Giráldez á fronte por segundo ano. A partir do martes 25 o equipo comezará unha serie de 7 amigables para poñerse a punto, de cara a tempada que empezará en pouco máis de un mes.
O Celta Fortuna, baixo a dirección do adestrador Claudio Giráldez, deu inicio á súa pretempada o pasado luns con miras á próxima competición na Primeira RFEF. Con sete amigables programados antes do inicio oficial, o conxunto celeste busca afinar o equipo para afrontar os desafíos da tempada que comezará na última fin de semana do mes de agosto.
O primeiro encontro amigable terá lugar o 25 de Xullo, onde o filial celeste medirase ao filial do SC Braga en Ribadumia, sendo esta a única cita durante o mes de xullo. A intensidade aumentará en agosto, iniciando o día 2 cun partido contra a SD Compostela no Vero Boquete de San Lázaro (Compostela). Posteriormente, o 5 de agosto, o Celta Fortuna recibirá ao CD Arenteiro en Barreiro, seguido por outro enfrontamento no mesmo escenario catro días despois fronte ao Ourense Cf.
O 12 de agosto vivirase un derbi vigués no campo de O Vao, ante o Coruxo CF. Tres días máis tarde, o equipo celeste trasladarase a Viveiro para enfrontarse ao CD Lugo, como parte dos actos conmemorativos do centenario do Viveiro Cf. O último ensaio previo ao comezo da liga será o domingo 20 de agosto en Cambados, onde o Celta Fortuna enfrontarase ao Pontevedra CF.
Durante esta pretempada, Claudio Giráldez ten como obxectivo principal avaliar o rendemento dos seus xogadores, probar diferentes aliñacións e estratexias, e consolidar ao equipo para afrontar a competición de maneira óptima.
O Celta Fortuna, prepararase arduamente na súa pretempada, con sete amigables programados para chegar nas mellores condicións ao comezo da Primeira RFEF.