O Fortuna busca unha vitoria ante o Cornellá

Foto: M.Moralejo

 

 

 

Hugo Sotelo, novidade na lista do Celta Fortuna que esta noite xoga en Balaídos

 

(FdV) O fútbol volve esta noite a Balaídos para celebrar a terceira xornada da Primeira RFEF, na que o Fortuna recibe ao Cornellá a partir das 21:30 horas. Para este partido, Claudio Giráldez convocou a Hugo Sotelo, con dinámica do primeiro equipo, para reforzar o centro do campo. É a primeira cita do vigués este curso co filial, nesa lista son novidade Iván, tras cumprir sanción, e o último en chegar, Dani González. Caen Piay, Mario Fonte e Canteiro, que seguramente xoguen co Celta Gran Peña.

O dianteiro celeste Pablo Durán destacou onte, na véspera de recibir ao Cornellá en Balaídos, a importancia de que o filial se faga forte no seu estadio para poder estar na zona alta da clasificación.

«Temos que ser fortes na casa, que non se escapen puntos de aquí será fundamental porque fora costa moito máis sumar», comentou o atacante, que cumpre a súa segunda campaña no filial do Celta, ao que chegou procedente do Compostela.

Durán recoñeceu que a pasada tempada foi «incrible» porque disputaron a primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División, na que foron derrotados polo Eldense, que acabaría logrando posteriormente o salto á categoría de prata.

«Xogar un playoff a Segunda División é algo moi especial, e máis co grupo que tiñamos o ano pasado. Esta tempada afrontámola con moita ilusión, con gañas de dar un golpe enriba da mesa», indicou.

Fortuna e Cornellá veñen de gañar na última xornada: os celestes ao Fuenlabrada e o equipo catalán ao Fuenlabrada, tras arrincar a Primeira Federación con derrotas a domicilio.

«Sabemos ao que queremos xogar, o equipo ten claro cales son os nosos puntos fortes. Para o pouco tempo que levamos, xa demostramos que seremos un moi bo equipo. Mañá [por hoxe] será difícil, pero imos a por a segunda vitoria», afirmou Durán.

Post a Comment