Sorteo de cuartos de final

O Celta xa coñece o seu posible camiño na Copa de Campións

Foto: RFEF

 

Os emparellamentos de cuartos de final da Copa de Campións da División de Honra de Xuvenís, sorteáronse esta tarde na sede da RFEF

 

 

A RFEF celebrou este xoves, o sorteo das primeiras eliminatorias da Copa de Campións de categoría xuvenil determinando os emparellamentos de cuartos de final, coa presenza como man inocente de Pablo Amo, axudante do seleccionador nacional e exseleccionador sub-18.

 


No caso de que o Celta logre asegurar o primeiro lugar no seu grupo, enfrontarase ao Las Palmas na rolda inicial do último torneo da tempada. Un equipo forte que ten a súa praza asegurada despois de conquistar o título xa fai varias xornadas, sacandolle unha vantaxe de 25 puntos ao segundo clasificado do seu grupo, o Tenerife. Con todo aínda haberá que esperar, xa que inda quedan seis puntos en xogo no grupo 1 e o segundo clasificado, o Deportivo da Coruña, é o segundo clasificado que esta a cinco puntos, pero despois de que o conxunto dirixido por Alfredo Álvarez Paredes «Fredi« gañase o derbi da semana pasada (2-3), todo apunta a que os vigueses serán os vencedores do grupo novamente.

 


O sorteo deparou que o Las Palmas teña que xogar o partido de volta lonxe do seu estadio. O que pase de esta rolda enfrontaríase ao gañador da eliminatoria entre o mellor segundo clasificado de todos os grupos e o campión do grupo 5, Real Madrid ou Atlético de Madrid.

 

Os cuartos de final están previsto que se dispúten o 10 e 14 de maio.

 


A Final Four disputarase entre o 17 e 21 de maio en sede por determinar.

 


A falta de dúas xornadas para finalizar os distintos grupos nacionais, o cadro queda da seguinte maneira:

 

 

Cuadro cuartos de final

 

Post a Comment