O Celta sae na defensa do galego
Foto: Rc Celta
O Celta de Vigo alzou a súa voz en defensa do galego, revelando que non é soamente un clube deportivo, senón unha entidade que defende contra vento e marea a Galicia e ao galego.
Este clube é moito máis que un equipo; é un símbolo que ondea a bandeira de Galicia no escenario futbolistico. A Cruz de Santiago, a coroa e as cores celeste e branco foron, son e serán o obxectivo de ser un clube que represente a Galicia e ao galego. Cada vez que os xogadores saltan ao campo, levan consigo o peso e a responsabilidade de representar a unha terra cunha rica historia. Isto non é un acto político, senón unha expresión profunda de identidade, arraigamento e un amor profundo por Galicia.
O Real Club Celta de Vigo, síntese moi orgulloso da lingua galega, das raices da terra, e asi o fai saber a través das súas redes sociais
Orgullosos da nosa lingua.
Orgullosos das nosas raíces.Hoxe máis que nunca. pic.twitter.com/M6JYxCUQKy
— RC Celta (@RCCelta) September 19, 2023
O Celta sempre será un faro luminoso de amor por Galicia e o galego, un equipo que todos nós, sexamos galegos ou non, podamos mirar co peito cheo de orgullo. O seu compromiso coa lingua e cultura galegas non só é admirable, senón inspirador. Este equipo non só xoga no campo de fútbol, senón que tamén xoga un papel crucial na preservación e promoción da identidade galega.
Un idioma —calquer idioma— é embaixador e vía dunha civilización e transmite unha sabedoría e unha forma de vida; constitúe un universo, patrimonio e seña de identidade. Por tanto, e con este contexto, o galego, que creo que ainda está dentro da categoría de idiomas, é un tesouro invaluable que merece ser apreciado, respectado e protexido. É a voz que rumorea nos bosques, a música das aldeas, o aroma que emana das rías, en definitiva é a linguaxe da historia.
Os ataques cara ós idiomas, ademáis de ignorantes, non deixan de ser reveladores dunha gran falta de altura de miras. Quizá tamén exista algo de inferioridade lingüística ou envexa, dun egocentrismo case narcisista, moi próximo á xenofobia, totalmente afastado do «Homo sum, humani nihil a me alienum puto» de Terencio.