O Celta B comezará o seu camiño cara a Segunda este sábado
Foto: ALEJANDRO COSTAS VILA
O partido do Celta B e o Eldense fixouse ás 17.00 horas en Balaídos
(FdV) O partido de ida da eliminatoria de ascenso a Segunda entre o Celta B e o Eldense xogarase o vindeiro sábado 3 de xuño, ás 17.00 horas en Balaídos. Nun inicio o choque íase desputar as 20.00 horas, pero o club vigués solicitou adiantar a hora do partido para permitir que o céspede do estadio este en ótimas condicións de cara ao duelo do primeiro equipo do domingo contra o FCBarcelona. A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) confirmou este luns os horarios da promoción de ascenso á categoría de prata, que comezará o sábado día 3 có Real Sociedade B-Alcorcón ás 19.00 horas e do Barcelona Atlètic-Real Madrid Castela ás 21.00 horas. O cuarto encontro xogarase o domingo día 4, ás 19.00 horas, entre Deportivo e Castelló.
Os cruces de volta están previstos para o sábado 10 e o domingo 11, aínda sen horario confirmado.
Alcorcón (2º, 73 puntos), Real Madrid Castela (3º, 69 puntos), Deportivo (4º, 66 puntos) e Celta B (5º, 60 puntos) clasificáronse para disputar a promoción no grupo 1 e no grupo 2 fixérono Eldense (2º, 67 puntos), Castelló (3º, 62 puntos), Barcelona Atlètic (4º, 61 puntos) e Real Sociedade B (5º, 60 puntos). No caso de que o Celta B elimine ao Eldense, xogarallo todo contra o gañador do duelo entre os filiais do Madrid e o Barça.
O Amorebieta certificou o ascenso directo a Segunda un ano despois de descender, tras empatar co Bilbao Athletic (0-0) na última xornada e proclamarse campión do grupo 2, e o Racing de Ferrol fixo o propio despois de 15 anos, ao acabar á fronte do grupo 1 coa súa vitoria sobre o Celta B (2-0)
Eliminatorias definidas de ascenso a Segunda. / FOTO: RFEF