O canteirán do Celta, Fran López, cedido ao Compostela

Foto: M. Moralejo

 

 

 

O dianteiro ferrolán xogará cedido no Compostela da Segunda RFEF, o curso que ven.

 

(La Voz de Galicia) Fran López Fernández (Ferrol, 2002) é novo xogador do Compostela. O atacante chega cedido polo Celta de Vigo polo acordo de colaboración entre ambas as entidades, como xa sucedeu o curso pasado con Darío Martínez.

Os técnicos branquiazuis destacan que é «un ariete veloz e cunha gran definición». Adáptase tanto á posición de 9 como a calquera das bandas do ataque. Mesmo pode actuar como segundo dianteiro. Grazas a estas condicións, a dirección deportiva do equipo da capital galega apostou pola súa incorporación para esta nova tempada.

 

Formouse na canteira viguesa, medrando nos diferentes equipos da Madroa ata dar o salto á categoría sénior. O seu bo rendemento levoulle a adestrar co primeiro equipo, a ir convocado en varios encontros de Primeira División e incluso tamén debutar na pretempada no Memorial Quinocho do curso pasado, entre o Celta de Vigo e o Al Shabab, partido no que reemplazou a Gonçalo Paciencia na segunda metade para ocupar a punta do ataque e que acabou regalando dúas asistencias de gol.

 

Fran López xa se estreara co Celta Fortuna na Segunda División B sendo aínda xuvenil. Despois, militou no Celta C – Gran Peña, da Preferente Galicia, onde compartiu ataque con Darío Martinez (Compostela, 2002), que tamén estivo cedido na SD Compostela o curso pasado. O ferrolán disputou un total de 27 partidos e anotou 19 goles, logrando asi o ascenso á Terceira RFEF. Tamén participou en catro encontros co Celta Fortuna na Primeira RFEF. Na campaña pasada, na Terceira RFEF, foi unha das pezas destacadas do Celta C – Gran Peña, loitando polo play off de ascenso co equipo celeste. Pechou o curso con 22 partidos (18 como titular) e 8 goles. Volveu a ter presenza co Celta Fortuna da Primeira RFEF en cinco citas máis.

Post a Comment