Negociación en marcha para a rescisión do contrato de Santi Mina

Negociación en marcha para a rescisión do contrato de Santi Mina

 

 

 

Carlos Mouriño, o presidente do Celta de Vigo, recoñeceu que o clube está en negociacións para rescindir o ano de contrato que aínda lle queda a Santi Mina.

 

 

 

 
O presidente do Celta de Vigo, asegurou este luns que están «intentando» negociar con Santi Mina a rescisión do seu contrato, que expira o 30 de xuño de 2024. 
 
 
«Estamos a manexalo, pero temos que ver que posibilidades temos, que é o que el quere. Lembrade que o que ten que asinar o que se queira facer é o xogador. O clube pode propoñer. Se nós queremos facer unha cousa, necesitamos o seu beneplácito. Sen o visto bo do xogador non hai nada que facer. Estamos intentando negociar con el», comentou Carlos Mouriño na súa comparecencia para analizar a actualidade do clube.
 
 
 
Non obstante, o máximo accionista da entidade celeste, que o próximo 23 de agosto celebrará o seu centenario, deixou entrever que se Santi Mina sae absolto terá as portas abertas para regresar a Balaídos.
 
 
«Santi Mina tivo un problema, pero non deixa de ser un xogador da casa. Fóra de que é condenable ao cen por cen, nós non temos ningún problema con el. Foi duro tomar as medidas que tomamos porque perxudicaban ao clube, pero tomáronse», afirmou.
 
 
En canto se coñeceu  a sentenza da Audiencia Provincial de Almería, no 2022, o Celta apartou a Santi Mina do equipo pero dous meses despois, o xogador, alegando que a sentenza non era firme solicitou a súa reincorporación aos adestramentos . Se non non se produce a rescisión do contrato ou unha venta ou cesión, antes do 3 de xullo, Santi Mina podería facer a pretemporada co Celta.
 
 

Post a Comment