Fortuna

Manu Garrido fai xustiza en Balaídos

Foto: Marta G. Brea

 

 

 

O dianteiro culmina o monólogo céltico da segunda metade tras o incómodo arranque ante o Tarazona

 

 

(FdV) Un solitario gol de Manu Garrido deu o primeiro triunfo da tempada ao Fortuna na estrea do segundo proxecto de Claudio Giráldez ante a súa afección. O Tarazona incomodou nos primeiros instantes e ata dispuxo de boas ocasións para adiantarse pero diluíuse co paso dos minutos. Mentres, aos locais custoulles entrar o partido pero acabaron convertendo a segunda metade en practicamente un monólogo ante un rival que non inquietou en absoluto a Coke. De feito, só a falta de puntería céltica e as boas actuacións de Azón evitaron que a vitoria viguesa fose máis folgada e menos sufrida.

 

O máis sorprendente ao descanso era que o marcador inicial aínda non se movera. Tanto locais como visitantes tiveron oportunidades máis que suficientes para conseguilo.

O Tarazona foi o primeiro en avisar, aínda que neste caso non foi por méritos propios. Un erro de Javi Rodríguez nunha cesión atrás permitiu a Dani atoparse man a man ante Coke Carrillo. O meta céltico logrou evitar o tanto cunha boa intervención pero o rexeite acabou nos pés de Mounir quen, para fortuna dos locais, rematou fóra con todo ao seu favor para marcar.

 

O Fortuna acusou o susto inicial e os aragoneses fixéronse co control do choque. De feito, Carrillo, cunha milagrosa man abaixo, volveu salvar ao conxunto de Claudio Giráldez apenas superado o minuto dez de partido. Foi tras un balón colgado á área que a defensa viguesa non logrou despexar. Fer Cano recolleu a pelota solta para sacar un disparo á media volta desde o punto de penalti ao que respondeu Coke con esa salvadora man.

 

A reacción local chegou ao cuarto de hora e a oportunidade non puido ser mellor. Pablo Durán recibiu un balón en profundidade entre os centrais do Tarazona e mostrou a súa velocidade e fortaleza para aguantar o corpo e acabar sacando un disparo raso que se marchou fóra por milímetros.

 

Os visitantes rozaron de novo o gol mediada esta primeira parte nunha boa chegada por banda esquerda de Dani, quen puxo un peligrosísimo centro que non atopou rematador e despexou finalmente con moitos apuros Gael Alonso.

 

Pasada a media hora de xogo, o Fortuna conseguiu facerse por fin co control do encontro mediante longas posesións, movendo aos seus rivais de banda a banda.

 

Con todo, foi pola parcela esquerda por onde chegaron as ocasións máis claras. Primeiro en senllas accións persoais de Alfon e de Hugo Álvarez para internarse na área e chegar a liña de fondo pero con pouca claridade á hora de colocar o pase decisivo. E, a piques de cumprirse o tempo regulamentario, nunha rápida combinación entre ambos os ao bordo da área que Hugo aproveitou para conectar un bo disparo que se marchou fóra por pouco.

 

A inercia mantívose na continuación. O Fortuna asumiu o mando do encontro e desde a posesión do balón obrigou ao seu rival dar varios pasos atrás ata a frontal da súa área. E o perigo empezaba a roldar seriamente a portería do Tarazona. Hugo Álvarez daba o primeiro aviso serio ao aproveitar un balón longo servido por Raúl Blanco para recortar a dous defensores e sacar un disparo ao que respondeu cunha gran intervención Azón.

 

Non houbo máis. Porque a seguinte acción ofensiva dos de Claudio Giráldez acabou co balón no fondo da portería. Hugo Alvarez recuperou o balón e habilitou a Tincho para que este puxese un centro que Manu Garrido, nada máis saír ao campo, transformou en gol.

 

Os visitantes tentaron reaccionar pero con máis corazón que cabeza e sen chegar a crear verdadeira sensación de poder conseguir o empate. Todo o contrario. Manu Garrido tivo a sentenza a piques de cumprirse o tempo regulamentario pero non acertou a conectar o remate nun man a man ante Azón.

 

Estivo a piques de pagalo caro o Fortuna porque o Tarazona reclamou como penalti unha caída en área viguesa de Christian Dieste. Pero o colexiado mandou seguir e xa na última acción do choque, Garrido rozou o segundo cun bo disparo que se estrelou no poste.

 

 

 

Ficha Técnica

 

1 – Celta Fortuna: Coke Carrillo, Javi Rodríguez, Javi Domínguez, Gael Alonso, Javi Rueda, Damián, Miguel Román (Fer López, min.45), Hugo Álvarez (Manu Fernández, min.89), Raúl Blanco (Bruno, min.74), Pablo Durán (Manu Garrido, min.74) y Alfon (Tincho, min.62).

0 – Tarazona: Azón, San Emeterio (Cocca, min.76), Trilles, Amoah, Kortazar, Ramón Bueno, Mounir (André Guiu, min.45), Fer Cano (Guille Alonso, min.76), Keita, Dani (Manu Pedreño, min.60) y Cubillas (Christian Dieste, min.65).

 

Gol: 1-0, min.77: Manu Garrido.

 

Árbitro: Fernando Román Román (colexio castelan leonés). Amonestou aos locais Javi Domínguez, Alfon e Damián e aos visitantes Amoah, Kortazar, Manu Pedreño, Trilles, Ramón Bueno, Guille Alonso, Keita e San Emeterio.

 

Incidencias: Segunda xornada do Grupo 1 Primeira Federación. Estacio Municipal de Balaídos. Aproximadamente 1.000 espectadores.

Post a Comment