Giraldez

Giráldez: «A derrota veunos de perlas, moi ben, moi, moi ben»

Foto : Xoan Carlos Gil

 

 

 

 

Claudio Giráldez, non tivo pelos na lingua despois do enfrontamento do Celta Fortuna contra o Cornellà (1-2). Cun xesto de decepción no seu rostro, o porriñés fixo unha entrada forte na rolda de prensa. «A derrota veunos de perlas, moi ben, moi, moi ben», declarou.

 

 

 

Giráldez sacudiu a compracencia que rodeaba ao equipo e aos seus seguidores. «Hai unha especie de corrente por aí que pensa que somos mellores do que en realidade somos. Isto vainos a custar a permanencia», advertiu, salientando o difícil que é sumar puntos na Primeira Federación.

 

O adestrador tamén reflexionou sobre como esta idea equivocada afecta o rendemento do equipo. «É perigoso, fai que te relaxes no campo, faite crer que es invencible, coma se anotar fose un xogo», comentou. Fixo fincapé en que «os equipos constrúense dende a defensa», algo que, segundo el, o seu equipo aínda non demostrou.

 

Sen reviravoltas, Giráldez admitiu que houbo cousas no partido das que preferiría non falar, facendo referencia ás oportunidades que lles brindaron ao rival. «Regalamos dous goles por non ser sólidos no xogo directo de segundo balón, por non estar atentos, por non marcar aos xogadores habilidosos do outro equipo», lamentou. «Confundímonos pensando que estabamos a xogar ben en momentos como na primeira parte, pero a realidade é que só temos tres puntos de nove», sentenciou.

 

Falando sobre o Cornellà, Giráldez eloxiou a perseveranza do rival e a súa consistencia. En contraste, criticou a actuación do seu propio equipo. «Nós relaxámonos, pensando que o último pase non era importante; fallamos non sei cantas veces. Queriamos o pase máis bonito en lugar de centrarnos na finalización. Non demos importancia ao que realmente importaba, as áreas», expresou. «Voume enfadado porque vin ao equipo gozar cando non era o momento de facelo», engadiu.

 

Giráldez advertiu sobre a diferenza física cos rivais e chamou á reflexión. «A pesar de ter o persoal que queremos, estamos a quedarnos curtos no aspecto físico», sinalou. «Temos que esforzarnos ao 200 % e estudar aos nosos rivais», subliñou.

 

O adestrador tamén revelou que os cambios no equipo non foron só por lesiónsdo partido, senón que outros xogadores tamén tiñan viñan arrastrando problemas físicos. «Os cambios forzados desorganizáronnos moito», admitiu, tendo en conta tamén as xanelas de oportunidade no partido. Ademais, mencionou que o equipo atopouse en situacións de inferioridade numérica en varias ocasións, o que tamén influíu no resultado final.

 

 

Aqui tendes a rolda de prensa ao completo, dende o canal oficial do Celta de Vigo en Youtube, de Claudio Giráldez e Raúl Blanco posterior ao partido ante o Cornellá:

 

Post a Comment