Este sábado, o Celta enfróntase a un reto monumental ao retomar LaLiga EA Sports contra o Valencia no mítico estadio de Mestalla. Un terreo que, para a historia do equipo vigués, e un campo de batalla difícil de conquistar.

 

A última vez que o Celta de Vigo saíu vitorioso en Mestalla en LaLiga foi en marzo de 2016. Recórdase con nostalxia aqueles goles de John Guidetti e Hugo Mallo que deron ao Celta a que de momento, e a última vitoria no campo valencianista. Con todo, desde entón, as visitas a este estadio foron máis parecidas a unha odisea que a unha festa de goles.

 

Nos sete encontros recentes en Mestalla, só se logrou sumar puntos nunha ocasión, na tempada 2018/19. IagoAspas, quen se non, rescatou un empate que soupo a vitoria. Desde ese momento, as cousas puxéronse costa arriba, con derrotas e máis derrotas.

 

Cando botamos unha ollada ao últimos catro xogos en Mestalla, a cousa vólvese aínda máis complicada. Derrota por 1-0 en 2020, 2-0 nas tempadas 2020/21 e 21/22, e unha dolorosa derrota por 3-0 a tempada pasada, onde o equipo se enfrontaba coa adversidade de ter un home menos durante media hora.

 

Remontándonos á tempada 2017/18, o Valencia tamén derrotou ao equipo olívico cun axustado 2-1. Aínda que Iago Aspas logrou igualar o marcador, o penal de Dani Parejo no minuto 81 selou a sorte dese día.

 

Neste novo curso, este encontro promete ser aínda máis especial. O regreso de Rafa Benítez a Mestalla, onde logrou conquistar dous títulos de Liga e outro da Copa da UEFA, xunto co gardameta Vicente Guaita, son dous dos grandes atractivos dun partido onde o Celta quere sumar a segunda vitoria da tempada para saír dos postos de descenso.