Fortuna 2 – 2 Bergantiños: Primeira toma de contacto
Foto: La Voz de Galicia
En Burgáns, Celta Fortuna enfrontouse ao Bergantiños nun partido que rematou con táboas a douses no electronico. Foi o encontro que marcou o inicio da pretempada do equipo adestrado por Fredi Álvarez
A intensidade do partido foi de máis a menos, como era de esperar. Durante a primeira metade, as forzas estiveron moi equilibradas, mesmo en termos de goles. Un erro na saída do balón por parte do equipo de Fredi Álvarez permitiu que os coruñeses abrisen o marcador. Fito foi o encargado de anotar.
Con ambos os equipos máis enfocados en cumprir tarefas tácticas que en despregar enerxía, o control do xogo empezou a inclinarse a favor do Celta Fortuna. O empate chegou na última xogada da primeira metade, cando Busto culminou unha excelente xogada por banda, enviando o balón á rede cun remate preciso.
Na segunda parte, a diferenza de categoría fíxose máis evidente coas rotacións. Fer López tomou o control do xogo para o Celta Fortuna, demostrando unha calidade superior. Tamén destacou Óscar Marcos, quen mostrou a súa clase no campo.
Ambos os equipos anotaron novamente con xogadas case idénticas. Primeiro foi Iván Garriel quen marcou, e máis tarde, nos últimos instantes do partido, Álex anotou para os de Bergantiños, selando o empate neste inicio da pretempada.
O Celta Fortuna xa prepara o seu seguinte partido, que será o mércores 31 de xullo fronte ao Coruxo FC na Cidade Deportiva Afouteza.
Ficha do partido:
Celta Fortuna – César, Moha, Tincho, Manu Fernández, Nacho, Miguel Román, Manu Paz, Arcos, Barreiros, Busto e Ianis Tarba. Tamén xogaron: Wauthier (p.s.), Pablo, Gael, Garriel, Gabián, Ju, Antañón, Fer, Óscar Marcos, Fernando e Burxio.
Bergantiños – Cote, Currás, Fito, Iago Martínez, Tijan, Manu, Uzal, Álex Ramos, Omar, Antañón y Longo. Tamén xogaron: Santi Canedo (p.s.), Ivi, Musi, Remeseiro, David Álvarez, Cristian, William, Diego Rodríguez e Tobías
Goles: 0-1, min. 5: Fito; 1-1, min. 44: Busto; 2-1, min. 75: Garriel: 2-2, min. 85: Álex.
Árbitro:IvánGarcíaRey, auxiliado por AlbertoBlanco y JorgeMéndez.