César Fernández e Álvaro Santos, convocados pola selección española sub-19

Foto: RC CELTA

 

(La voz de Galicia) Os canteiráns do Celta César Fernández (Ourense, 2004) e Álvaro Santos (Marín, 2005) foron convocados pola selección española sub-19 para os amigables do combinado que dirixe José Lana disputará ante Mauritania sub-20 no El Albir (Alacante) os días 2 e 4 de maio. Mentres o meta ourensán xa leva varias convocatorias con este combinado, o marinense estréase tras ir ata o de agora coa sub-18, coa que se estreou como goleador a semana pasada.

 

César Fernández foi durante esta tempada -recentemente finalizada para o seu equipo- o porteiro titular habitual do Celta C Gran Peña en Terceira Federación a pesar de estar aínda en idade xuvenil; o curso pasado completárao na División de Honra Xuvenil. Álvaro Santos, pola súa banda, xoga este curso no Xuvenil A de Fredi Álvarez, do que é un dos seus máximos goleadores.

 

O combinado español consegui fai unhas semanas na Ronda Élite a clasificación para o Europeo que se celebrará en Malta o próximo verán. Nese torneo, César completou os tres partidos e non encaixou ningún gol. «É unha experiencia única da que tamén aprendín moito e que hai que saber valorar, porque non sempre podes ir. Estou moi contento cos resultados obtidos e cos minutos xogados», dicía recentemente aos medios do Celta, engadindo que cre que o equipo debe aspirar a medalla nesa cita.

Post a Comment