Celta Fortuna 2 – 2 Barakaldo | Táboas na estrea ligueira
Foto: Instagram
Dende o minuto un, o Celta Fortuna saíu con todo. Cun equipo renovado e as ideas claras, os celestes meteron ao Barakaldo na súa área e non lles deron nin un respiro. Fer López, eléctrico como sempre, protagonizou a primeira ocasión clara, pero Moha non a logrou materializar. Pero pouco despois, Johan Guedes non perdoou e si que enviou a bóla ao fondo da rede. Aos oito minutos, despois dun roubo espectacular de Jordi Escobar, Guedes sacou un disparo cruzado no que Unai Pérez só puido mirar. 1-0 para o Fortuna.
Os pupilos de Fredi non baixaron a intensidade e seguían apretando. Tras un intento errado de Jordi Escobar, chegou o segundo. Nunha boa xogada, Fer López meteu un centro medido ao área, Tincho baixouna con clase, e Manu Fernández, sen piedade, mandouna ao fondo das mallas. 2-0 e o partido parecía encarrilado.
Pero o Barakaldo non se rendeu. Xusto antes do descanso, Ekaitz, cun zapatazo desde a frontal do área, puxo o 2-1 e meteu o medo no corpo aos de Fredi. E aínda por riba, Pablo Santiago case empata de falta, pero o seu disparo foise rozando o traveseiro.
A segunda parte non podía empezar peor. Na primeira chegada dos vizcainos despois do tempo de lecer, Uriarte cravou o 2-2 cun disparo cruzado que deixou xeado a Marc Vidal. A partir de aí, o partido volveuse un tira e afrouxa, e por mor do medo a perder o partido as ocasións comezaban a escasear. O cansazo aos poucos iba minguando aos xogadores. Pero de cara ao final do partido, os equipos volcaronse nas respectivas areas rivais para interntardefacer as táboas. Pablo Santiago tivo unha gran ocasión desde a frontal que Marc Vidal detivo sen problemas. Na resposta do Fortuna, o gol estivo preto tras unha internada de Emi Rodríguez que Jordi Escobar enviou moi escorado. No desconto, Jordi Escobar tivo o gol da vitoria, pero un defensor logrou desviar o seu golpeo desde a área pequena.