Benfica 2- 2 Celta | Galiña vella fai bo caldo
No primeiro amigable da pretemporada, o Celta medíuse ao Benfica e, cando todo parecía perdido, o príncipe das bateas saíu ao rescate.
Cun 2-0 en contra a falta de 25 minutos para o final, Claudio Giráldez decidiu tirar do seu as na manga. E vaia se funcionou. Nada máis entrar, Aspas toca o seu primeiro balón e… gol! O deste tío é doutro planeta. E non contento con iso, tamén tivo algo que ver co gol do empate. Tres minutos despois do gol, un bo disparo de Aspas tópase co porteiro que rexeita a bola. Pero por alí pasaba un rapaz, Pablo Durán, que aproveitou o despexe do gardaredes encarnado e puxo o empate no marcador. En cuestión de minutos, o Celta pasou do desánimo para crer na remontada grazas ao seu capitán.
Na primeira parte, os celestes non se achicaron ante un Benfica que é o actual subcampión da liga portuguesa e é un habitual en Europa. Os de Giráldez tiveron as súas ocasións, pero faltou puntería. O Benfica, en cambio, non perdoou: primeiro un penalti parvo de Jailson e logo un gol de Vangelis Pavlidis, que custou 18 millóns de euros e demostrou o porqué anotando un dobrete.
Pero a segunda metade foi outra historia. Con Aspas no campo, o Celta foi outro equipo. O moañés, aínda que está na recta final da súa carreira, segue sendo o líder indiscutible do equipo. Transformou o xogo, animou aos rapaces e, sobre todo, mostrou que o Celta ten alma e ten futuro coa canteira.
O empate ante o subcampeón portugues deixa boas sensacións de cara a próxima tempada. Esperemos que veñan alguns reforzos, da canteira ou algún fichaxe, pero se algo segue quedando claro, é que con Aspas, o Celta e outra cousa.
Lástima de outro Juncal coma él.