Álvaro Santos de novo con España
Foto: Diario de Pontevedra
O canteirán do Celta Álvaro Santos, convocado de novo pola selección española sub-18
(La Voz de Galicia) O futbolista do Celta de Vigo sub19, Álvaro Santos (Marin, 2005) recibiu por terceira vez a chamada de Pablo Amo, adestrador da selección española sub-18, segundo comunicou o clube está mañá. Neste caso, o futbolista foi convocado para disputar dous amigables fronte a Suiza, en Solothurn o 18 de Abril, e en Grenchen o 20 de Abril.
O ariete marinés, quen xa tivo oportunidade de adestrar co primeiro equipo do Celta da man de Carlos Carvalhal, foi citado por primeira vez por este combinado en Novembro e repetiu o pasado mes de Xaneiro. Nesa concentración tivo minutos saindo dende o banquillo nun amigable fronte a Italia, no que gañou o equipo español impoñendose por un gol a tres. Na súa primeira chamada xa tivo a ocasión de debutar. Ao remate do enfrontamento expresou que fora «unha experiencia inesquecible» e mostrou o seu «orgullo por poder vestir esta elástica».
Santos chegou ao clube olivico no ano 2019 procedente da escola de fútbol pontevedresa «Portero 2000» e é un dos máximos anotadores do equipo que dirixe o moañés Fredi Álvarez, con oito dianas.
É un habitual nas aliñacións do técnico do primeiro conxunto xuvenil celeste.