Arranca o Fortuna

Foto: La Voz de Galicia

O equipo de Fredi Álvarez disputa o seu primeiro amigable da pretempada

 

 

 

 

(La Voz de Galicia) O Celta Fortuna afronta esta tarde o seu primeiro amigable de pretemporada. O equipo que dirixe Fredi Álvarez enfróntase no campo municipal de Burgáns, en Cambados, ao Bergantiños, equipo que se fixo cos servizos de dous xogadores que o curso pasado militaban no Celta C Gran Peña: Lucas Antañón —que terminou co propio Fortuna— e Diego Rodríguez.

 

Os célticos iniciaron o traballo o pasado 15 de xullo con tres fichaxes, aínda que só un estivo traballando con eles, Iván Garriel. O gardameta Marc Vidal leva desde a súa chegada co primeiro equipo, mentres que o mexicano Emi Rodríguez non puido chegar a Vigo ata este pasado xoves debido a cuestións burocráticas. Tamén son caras novas os xogadores procedentes do Xuvenil A Óscar Marcos, Ángel Arcos, Pablo Gavián e Hugo Burcio.

 

 

É de esperar que formen parte da convocatoria para este duelo tanto o porteiro César Fernández como o centrocampista Miguel Román, que caeron e a convocatoria do amigable deste venres do primeiro equipo -co que levaban toda a pretemporada ata o de agora- tras estar nos tres anteriores.

Post a Comment