Fortuna - Lugo

Lugo 1 – 0 Fortuna. Partido «amigable»

Foto: Xaime Ramallal | La Voz de Galicia

Nun enfrontamento que prometía un partido amigable, rapidamente se tornou nun choque cheo de tensións e expulsións, o Fortuna sufriu unha derrota que deixou aos seus seguidores cun sabor amargo na boca.

 

 

O asubío inicial non trouxo consigo o fútbol amigable que se esperaba. Dende o primeiro período, a intensidade no terreo de xogo fíxose patente, levando ao árbitro a despregar varios cartons amarelos e, nun momento de controversia, un cartón vermello directo para Pablo Durán, quen tras unha entrada forte e accidental sobre Tabuaço tivo que coller o camiño a vestiarios antes de tempo. Esta acción cambiou o curso do partido e permitiulle ao Lugo atopar un respiro no medio do despregamento inicial do Fortuna.

 

O filial do Celta de Vigo, que estivera presionando con forza e buscando o arco rival, viuse freado en seco pola expulsión e tivo que lidar cun Lugo reorganizado que aproveitou a superioridade numérica para controlar máis eficazmente o xogo. A pesar dos esforzos e as arremetidas lideradas por Bruno Iglesias, as oportunidades claras escasearon e a primeira metade chegou ao seu fin sen que ningún dos equipos puidese romper o empate.

 

A segunda metade viu un cambio de ritmo no partido, pero tamén estivo marcada polas expulsións. Andrés Castrín viu o cartón vermello despois de dúas faltas nun curto período de tempo de catro minutos, deixando ao Lugo con dez homes no campo. A partir dese momento, o Fortuna esforzouse por romper a sólida defensa rival, pero a falta de precisión e as numerosas substitucións contribuíron á falta de fluidez no xogo.

 

O choque converteuse nun duelo de imprecisións e pelotazos dende longa distancia, coas faltas e o balón parado dominando a escena. A pesar dos intentos do Fortuna por buscar o gol, a sorte non estivo do seu lado.

 

No tramo final puideron marcar os de Claudio Giraldez en dúas ocasións. Primeiro Damián cun disparo afastado e máis tarde Alfon, que resolveu ben ante Lucas Díaz, pero Morgado tocou a bola o suficiente como para desvialo. Co partido agonizando, no minuto 89, despois dun saque en longo do porteiro, Ledesma gañoulle as costas á zaga celeste e bateu por alto a Rulli. O partido rematou despois dun libre indirecto que lanzou Damián sen perigo tras a expulsión do porteiro Lucas Díaz por insultar ao árbitro.

 

 

 

FICHA TÉCNICA

CD Lugo: Tabuaço, Carlos Julio, Castrín, Damián, Javi Vázquez, Sabit, Sergio Aguza, Idrissa, Victor Narro, Nacho Quintana y Fuentes. Tamén xogaron: Lucas Díaz (porteiro), Lizancos, Pablo Rubal, Edu Taboada, Gorka, Morgado, Torrado, Ojeda, Rosón, Ledesma e Taghizada (porteiro suplente).

 

Celta Fortuna: Rulli, Javi Rueda, Iván López, Manu Fernández, Piay, Tincho, Miguel Román, Yoel, Bruno Iglesias, Mario Fuente y Pablo Durán. Tamén xogaron: Gael Alonso, Alfon, Raúl Blanco, Hugo Álvarez, Damián e Javi Domínguez.

 

Gol: 1-0, min. 89: Ledesma.

 

Árbitro: Fernández Buergo, do colexio asturiano.

Expulsou no minuto 10 a Pablo Durán polo  Fortuna e aos lucenses Andrés Castrín (m. 58, dobre cartón amarelo) e a Lucas Díaz no minuto 91. Amarelas para Iván López e Miguel Román polo Fortuna e a Gorka polo Lugo.

 

Incidencias: Partido correspondente ao Trofeo San Roque disputado en Cantarrana ante 600 siareir@s.

Post a Comment