febrero

Cornellá 2 – 1 Celta Fortuna: Cornellá… verdugo celeste

Foto: UE CORNELLÁ

Os cataláns remontan o partido na recta final, como na primeira volta. O Celta Fortuna encadea a súa cuarta derrota.

 

O Cornellá demostrou unha vez máis que ten a fórmula perfecta para deixar ó Celta Fortuna cun sabor amargo. Dous enfrontamentos esta tempada e dúas remontadas nos minutos finais, consolidando a cuarta derrota consecutiva do filial. Parece que o Celta Fortuna perdeu o rumbo despois dunha primeira metade espectacular.

 

O partido, disputado no desterro de Palamós para o Cornellá, foi case clandestino para o Fortuna, con bancadas baleiras que amplificaron cada berro dos xogadores no campo. Este ambiente, máis parecido a un adestramento que a un partido, puido restar ritmo ó encontro, aínda que o filial comezou forte, tendo o balón e gozando das primeiras ocasións.

 

Pablo Durán tivo un man a man con Rubén Miño, o porteiro local, pero este último saíu vitorioso. Máis tarde, Alfon tivo todo ao seu favor, pero estrelou o balón no poste cando se atopaba só ante a portería rival.

A pesar destes intentos do Fortuna, o Cornellá resistiu cun xogo máis directo. Un centro chute de Tenas e unha volea de Armando mantiveron alerta a Ruly, quen respondeu coa parada da tarde.

 

A segunda metade comezou con instinto goleador por parte dos celestes. Aos 47 minutos, Yoel Lago cabeceou á rede un saque de falta, pero o colexiado anulou o gol por un inexistente fora de xogo. Con todo, pouco despois, Hugo Álvarez encargouse de adiantar aos celestes cun crebe maxistral e un axustado disparo.

 

O banco do Cornellá respondeu cun triple cambio que revitalizou ao equipo catalán e desencadeou o afundimento gradual do conxunto vigués. A pesar diso, o Fortuna tivo a oportunidade de matar o partido nunha chegada de Alfon á contra.

 

A falta de dez minutos, Caballero puxo a proba a Ruly cun disparo desde media distancia, pero o porteiro do Celta xa non puido facer nada fronte ao centro chute de Armando que rozou Joel López, igualando o marcador a 1-1 a falta de sete minutos. O recentemente ingresado Dani González tivo a oportunidade de poñer ó Fortuna por diante noutro cabezazo, pero Miño evitouno. Na xogada seguinte, Caballero recibiu no segundo pau e marcou, poñendo o definitivo 2 a 1 no electronico.

 

 

2 – CORNELLÁ: Rubén Miño, Andreu, Vilaplana, Armando, Clau Mendes, Kike López (Luisao, min 65), Mas, Ayala (Soma, min 65), Caballero, Eudald e Marc Tenas (Gonpi, min 65).

1 – CELTA FORTUNA: Ruly; Javi Rueda, Javi Domínguez, Joel López, Yoel Lago, Tincho (Antañón, min 87); Miguel Román, Dela (Damián, min 73); Alfon (Dani González, min 79), Pablo Durán (Raúl, mn 79) e Hugo Álvarez.

GOLES: 0-1, min 57: Hugo Álvarez. 1-1, min 83: Armando. 2-1, min 88: Caballero.

 

ÁRBITRO: Fernández Vidal (Comité Valenciano). Cartons amarelos para Caballero por parte do Cornellá e para Yoel Lago, Miguel Román e Antañón por parte do Celta Fortuna.

 

INCIDENCIAS: Partido xogado en Palamós. Escaso público.

Post a Comment