Yoel Lago

Yoel Lago: «Se seguimos así, será unha tempada ilusionante»

Foto: Rc Celta

 

 

 

O canteirán agradece o apoio da afección: «Cada persoa que vén é importante e axuda»

 

 

(La Voz de Galicia) Yoel Lago falou para os medios do clube do pasado, presente e futuro do filial, o Fortuna, en cuxa dinámica vive a súa segunda campaña a pesar de ter ficha este curso do C Gran Peña e o pasado, aínda do xuvenil -era o seu último ano nesta etapa-. «A tempada pasada foi incrible. Este ano vai ser difícil repetila, intentarémolo. Para vos que seguimos, é moi emocionante esta campaña do centenario e imos tentar facelo ou mellor posible», sinala. O primeiro é a permanencia e, logo, «gañar os máximos partidos posibles».

 

Destaca que seguen bastantes futbolistas do curso 2022/2023 e, sobre todo, un técnico, Claudio Giráldez, co que levan moito tempo. «Iso é importante. E estamos contentos coa xente que veu de fóra. Imos en liña ascendente, temos que seguir así e seguro que será unha tempada ilusionante», recalca. Lembra que o ano pasado chamou a atención que houbo varios filiais no play-off: «Hai xente nova con moito que demostrar, ganas de tentar chegar ao fútbol profesional», unhas ganas que cre que se perciben no filial celeste.

 

Lago leva desde infantís no Celta e esta é a súa sétima campaña. «Para min é un orgullo tremendo estar aquí, na miña casa. Cada tempada afróntoa con máis ilusión e ganas de seguir medrando. Estou moi contento e oxalá que sexan moitos anos máis», desexa. Incide na palabra «casa» ao falar do que significa o clube vigués para el e subliña que cada vez que sae a xogar con este escudo tenta «facelo o mellor posible».

Non falta o agradecemento ao celtismo polo seu apoio, tachando de «espectacular» o ambiente do pasado domingo en Barreiro fronte o Real Unión de Irún. «É importante que a afección estea preto de nós, animando sempre. Estamos encantados con eles e creo que estamos a devolver esa confianza», sinala. Para Lago, «cada persoa que vén é importante e axuda moito», e espera que poidan ser aínda máis.

 

O próximo compromiso que lles espera, este domingo ás 12.00 horas a domicilio, será un duelo de filiais, fronte ao Osasuna B. «Vai ser unha saída difícil, teñen moi bo equipo, pero se facemos as cousas como as estamos a facer, tentaremos sacar os tres puntos e oxalá sexa así», expresa. Os navarros son sextos cun só punto menos que os vigueses.

 

 

Escoita as palabras de Yoel:

Video da canle de Youtube de CeltaMedia

Post a Comment