Fontan

Fontán compartirá vestiario con Lauti?

Foto: Gualter Fatia | Getty Images

 

O Celta de Vigo enfróntase a cambios significativos mentres dous dos seus canteiráns exploran rumbos distintos no mercado de transferencias.

 

 

 

O Celta de Vigo atópase nunha encrucillada que marca a saída dun dos seus maiores talentos emerxentes e o comezo dunha nova etapa para outro dos seus canteiráns en ascenso. Con cambios significativos no horizonte, o clube enfróntase a decisións que influirán na súa estratexia para esta tempada.

 

Este domingo, os ollos están postos na marcha do canteirán Gabri Veiga, quen dará un paso de xigante na súa carreira futbolistica ao fichar polo actual campión da Serie A, o Nápoles, por unha cifra que rolda os 36 millóns de euros, considerando variables incluídas. Con todo, os movementos non se deteñen aí, xa que outro canteirán do clube, José Fontán, tamén se atopa no radar para deixar a súa marca fóra de Vigo.

 

A pesar das súas 23 aparicións en LaLiga EA Sports e 21 na Eredivisie onde xogou cedido no Go Ahead Eagles na tempada 2022/23, o equipo olívico está na busca dun novo préstamo para o arousán. Segundo Ángel García de Cazurreando.com, está a piques de abrazar unha nova experiencia na Segunda División. O Cartagena busca un recambio para Datkovic e Fontán figura entre os nomes que se barallan para cubrir esta vacante do club albinegro, e ademáis reencontraríase con outro canteirán do Celta, Lautaro de León.

 

No Cartagena, Fontán podería atopar a oportunidade de acumular minutos e experiencia que no clube celeste parece non ter, xa que é unha tarefa bastante complicada porque o arousán non conta para Rafa Benítez, de feito non está nin rexistrado en LaLiga.

 

Coa sua posible saída só quedarían por atopar destino Sergio Carreira e Miguel Baeza. O clube tamén quere que Paciencia e Renato Tapia saian este mercado pero estas operacións son moito máis complicadas.

Post a Comment