Xhamain

A Nosa Canción: Lúgubre elexía de Xhamaín para o Celta

Foto: O Rincón Celeste

Entre a escuridade e acordes pesados, Xhamain, da vida á súa última creación: «A Nosa Canción». Un himno que transcende os límites da música convencional, mergullándonos nun mar de emocións tenebrosas e paixóns incontido.

 

 

 

 

 

 

Nunha fusión máxica entre a escuridade poética e os acordes pesados, Xhamain, a banda viguesa de metal gótico, deu vida á súa última creación: «A Nosa Canción». Un himno que transcende os límites da música convencional, mergullándonos nun mar de emocións tenebrosas e paixóns incontido.

 

 

Esta oda musical, impregnada dunha paixón indomable polo Celta de Vigo, emerxe como un monumento á devoción celtista. Xhamain invoca a máis de 70 almas artísticas, entoando en coro a ialma desta canción, e alíase coas lendas do clube como, Sergio Álvarez, «O Gato de Catoira», e o inmortal Manolo, «O Gran Capitán».

 

Os escuros ecos das súas voces reverberan coa historia, o orgullo e a intensidade do clube, fusionándose cos acordes e melodías que evocan unha éxtase inigualable. O vídeo e a composición sonora transpórtannos a un estadio imaxinario, unha experiencia sensorial que nos fai sentir coma se estivésemos nas bancadas de Balaídos no medio dunha apoteose.

 

O ano 1923, un tempo distante pero presente en cada latexo, marca o nacemento do clube e forma parte integral desta sinfonía escura. Os lugares de Vigo, como Praza América, a enigmática Guía, o místico Castro e o icónico Balaídos, convértense no escenario onde o escuro romance do gótico fúndese coa paixón polo deporte e a herdanza histórica.

 

Coma si se tratáse do Samaín, este venres 18 de agosto ás 22:00, avecíñase latexos de ritos escuros, misterio e máxia. A Cervexaría Picoteo de Vigo (Rúa Eugenio Kraff, 50), será onde a escuridade e o metal converxerán para presentar «A Nosa Canción». As portas ábrense para os valentes corazóns que desexen mergullarse nesta experiencia única. E para os que non poidan estar presentes, o rito transmitirase na canle de Youtube da banda: youtube.com/@xhamain.

 

Esperta ánima aquedada no mais alá, no frénito do maxino, o culto está convocado. Xhamain convida a todos os presentes, e os que cruzaron o umbral, a unirse neste requirimento. Unha oda que transcende o tempo e o espazo, que envolve á cidade nunha bruma de melancolía apaixonada. Prepárate para mergullarte na sedutora escuridade de «A Nosa Canción»

Post a Comment