O xuvenil do Celta di adeus á Copa de Campións con derrota no desconto
Foto: La Voz de Galicia
O filial xuvenil, tras perder na ida 5-0 ante o Las Palmas, encaixaron outros catro goles na Madroa, nos cuartos de final da Copa de Campions xuvenil
(La Voz de Galicia) O Las Palmas consumou a eliminación do Celta da Copa de Campións Xuvenil tras encarrilala o pasado mércores ao gañar por 5-0. Con todo, o partido de volta deu moito de si, aínda que os de Fredi Álvarez non chegasen a estar preto de facer perigar o pase dos canarios. Pero do 0-2 inicial pasouse ao 3-2 e só no desconto, os visitantes na Madroa déronlle a volta ao duelo para acabar o enfrontamento cun 3-4 ao seu favor.
Os vigueses conxuráronse para lograr a xesta, pero as cousas non puideron empezar peor. Aos cinco minutos, o Las Palmas ampliaba a renda que traía da súa casa e aos 16, volvía facer o propio. O pesadelo ía a máis e con esa desvantaxe de dous goles chegábase ao intermedio.
Os vigueses, con todo, non se renderon, saíron a por todas no segundo acto e lograron darlle a volta ao marcador con goles de Diego Rodríguez, Robert Carril e Álex González, de falta. Aos 72 minutos, o marcador reflectía un 3-2, pero o equipo celeste ían quedar con oito xogadores en poucos minutos ao ver as súas segundas amarelas Carril aos 84 minutos, Álvaro Fernández aos 86 e Yoel Lago aos 88. E con ese panorama, no desconto chegaron os dous goles cos que os insulares volteaban o marcador.
Ficha técnica:
Celta – 3: Cerqueiro, Moha (Diego, min. 63), Vicente, Tobías, Álex González, Manu Rodríguez (Parguiñas, min. 46), Yoel, Tato (Carril, min. 63), Santos, Fer López, Comparada (Conqade, min. 82).
Las Palmas – 4: Killane, Ramírez, Kimetz (Falcón, min. 69), Herzog (Velasco, min. 54), Cruces (Aitor, min. 61), Iñaki (Víctor, min. 54), David (De Teresa, min. 69), Omar, Amai, Johan e Moraga.
Goles: 0-1, min. 5: Johan; 0-2, min. 16: Moraga; 1-2, min. 65: Diego; 2-2, min. 70: Carril; 3-2, min. 72: Álex; 3-3, min. 91: De Teresa; 3-4, min. 95: Amai.
Árbitro: Alcalá Rey. Expulsou por sobre cartón amaerlo a Carril, Álvaro y Yoel. Apercibiu a Santos, Manu, Moha e Vicente, e a Herzog e Ramírez.