Algeciras contra el Celta B

Empate a nada entre o Celta B e o Algeciras

Foto: Andy Ragel

 

O filial sumou un punto ante o Alxeciras nun encontro no que ambas escadras mostraron moita cautela e, en consecuencia, poucas ocasións de gol.

 

 

O Celta B saíu ao terreo de xogo cun esquema máis defensivo do habitual. Con cinco xogadores na zaga e dous mediocentros de perfil defensivo permitiu ao filial manter un certo control na defensa pero, impediulles ter un maior dominio do balón. Pola súa banda, o Algeciras, liderado polo exxogador celeste Borja Fernández, tentou levar a iniciativa do xogo creando varias ocasións de perigo grazas á presión alta que facía o equipo local. Aínda así, as imprecisións foron unha constante nos dous equipos, pero especialmente para o filial celeste, que non foi capaz de concretar xogadas combinativas e achegamentos á área rival.

 

Durante a primeira parte, o partido desenvolveuse sen grandes emocións, con moitos paróns e erros na transición de xogo. A única ocasión para o Celta no primeiro tempo, foi unha falta botada por Iker Losada que puxo un caramelo ao punto de penalti para de Sergio Barcia o rematase pero, o esférico marchouse rozando o pau. O Algeciras continuou ao seu, dominando a posesión de balón pero sen xerar verdadeiro perigo na área rival. O único momento de perigo foi un balón solto na área pequena que finalmente atrapou Ruly.

 

 

Nos primeiros compases do segundo tempo, máis do mesmo. Nin gaditanos nin celestes xeraron ocasións claras de gol. O partido foi perdendo intensidade co paso dos minutos e parecía que ambos os equipos estaban conformes co empate. Con todo, no últimos dez minutos houbo un par de xogadas interesantes que puideron cambiar o rumbo do encontro. Por unha banda, Elejalde estivo preto de marcar para os locais tras un saque de curruncho, pero non logrou enviar a bola ao fondo da rede. Doutra banda, o filial tivo nas botas de Pablo Durán, a xogada do partido, quen desaproveitou un man a man con Miño, onde o seu disparo saíu ao corpo do gardameta.  

 

O resultado final, 0-0, permite ao equipo de Claudio Giráldez manterse na quinta praza da clasificación na loita polos postos de playoff, pero igualado en puntos co Linares, e con tan só dúas xornadas por disputarse na Primeira RFEF.

 

Canle de videos da web oficial de la Real Federación Española de Fútbol | www.rfef.es

 

 

FICHA TÉCNICA:

 

ESTADIO: Nuevo Mirador

 

ALXECIRAS 0 – 0 RC CELTA B

 

ALG: Miño, Albarrán, Admonio, Jordi Figueras, Tomás, Mario Ortiz, Borja Fernández, Iván Turrillo, Siddiki (Elejalde 65′), David Martín (Rodrigo Sanz 87′), Roni (Juan Serrano 81′)

 

CEL: Ruly, Javi Domínguez, Sergio Barcia, Gael (Iván López 46′), Carrique, San Bartolomé, Martín Calderón, Iker Losada (Hugo Sotelo 74′), Hugo Álvarez, Pablo Durán (Clemente Montes 87′), Manu Garrido (Lautaro 66′)

 

GOLES: Sen goles

 

ÁRBITRO: Rubén Ruiperez Marín (Comité castelán-manchego)

 

DISCIPLINA: Cartón amarelo para Borja Fernández no 6′, Iván Turillo no 29′, Siddiki no 41′ e Mario Ortiz no 91′ polo Alxeciras e para Hugo Álvarez no 35′ polo RC Celta B.

 

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 36ª xornada da Primeira RFEF.

Post a Comment